CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BACHARELATO - 2016

Documentación

  1. Solicitude da praza debidamente cuberta e asinada polos solicitantes, segundo modelo que figura no Anexo I.
  2. Fotocopia simple do DNI/NIE ou pasaporte en vigor do/a alumno/a solicitante (mínimo por 6 meses). No caso de alumnado estranxeiro, deberán presentar fotocopia simple da tarxeta de residencia ou de estancia por estudos e o pasaporte en vigor (mínimo por 6 meses).
  3. Fotocopia simple do DNI/NIE dos solicitantes (pai e nai ou titor legal) que asinan a solicitude de participación do Anexo I.
  4. Certificación académica orixinal e Anexo II, emitida polo centro educativo na que deberá figurar que o alumno/a está matriculado en 2º de Bacharelato nun centro educativo do Concello de Vigo no curso 2015/2016 e as cualificacións finais que deberá ter aprobadas todas as áreas ou materias cursadas en 1º de Bacharelato con mención específica da nota na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 1º de Bacharelato, que deberá ser como mínimo dun 6.
  5. Xustificación de ingresos: Aquelas familias que non autoricen ao Concello de Vigo á solicitude de información fiscal á Axencia Tributaria, deberán presentar Fotocopia da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou certificado de estar exento/a emitido pola Axencia Tributaria.
  6. Autorización asinada polo pai, nai ou titor legal, segundo o modelo que figura no Anexo III.
  7. Fotocopia simple do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar ou documentación acreditativa da titoría legal e, de ser o caso, acreditar outras circunstancias familiares considerando como tales: familia numerosa, pai/nai solteiro/a, divorcio ou separación, viúvo/a.
  8. Certificado de discapacidade, de ser o caso.
  9. Declaración de non ter concedida, no ano 2016, outra axuda coa mesma finalidade, segundo o modelo que figura no Anexo IV.
  10. No caso de que o participante precise de atencións médicas especiais (por mor de alerxias, discapacidades, intolerancias, etc.), deberá presentar un certificado médico orixinal que así o acredite.

Non serán tidos en conta nin valorados os requisitos alegados e non xustificados documental e correctamente tal como se indica, nin os que se aleguen fóra do prazo establecido para esta convocatoria nin os que conteñan emendas.

Pódense descargar as BASES DA CONVOCATORIA aqui.

En caso de ser notificado da adxudicación da praza defintivia, deberá presentarse, no prazo de 5 días hábiles, o Anexo V.

Aviso legal