CONVOCATORIA ORDINARIA 3º ESO - 2023

Documentación a presentar

A documentación que corresponda presentar en cada caso, poderase achegar electrónicamente mediante o seu escaneado no lugar indicado no Formulario de Solicitude, na sede electrónica ou ben presentar físicamente en papel no momento de realizar a solicitude presencial no rexistro. No caso de divorcio ou separación legal sen custodia compartida solo deben figurar no formulario de solicitude os datos daquel proxenitor que teña atribuída a garda ou custodia do/a menor.

As persoas interesadas deberán achegar xunto co formulario de solicitude debidamente asinado, a seguinte documentación:

  1. Certificación académica orixinal emitida polo centro educativo do Concello de Vigo sostido con fondos públicos na que conste estar matriculado en 3º no curso académico 2022-2023 e certificación académica coas notas finais de 2º de ESO.
  2. DNI/NIE do alumno/a, autorización de residencia e, no caso de dispor del, pasaporte (en vigor).
  3. DNI/NIE, autorización de residencia ou pasaporte (en vigor) dos solicitantes (pai e nai ou titor/a legal) que asinan o formulario de solicitude.
  4. Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar ou no seu defecto certificado de nacemento e documentación acreditativa da titoría legal. No caso de non ter libro de familia terá que presentarse documentación que acredite o número de membros da unidade famliiar. No suposto de non convivencia de ambos proxenitores, deberase acreditar que o/a solicitante convive cos fillos e/ou fillas.
  5. De ser o caso, acreditación documental das circunstancias familiares, tales como: Titulo de familia numerosa, título de familia monoparental, sentenza de divorcio e convenio regulador onde conste o relativo á custodia, certificado de defunción (no caso de viuvez), resolución xudicial ou administrativa da tutela ou acollemento.
  6. De ser o caso, Certificado de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar emitido polo órgano competente cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.
  7. Xustificación de ingresos: Aquelas familias que non autoricen ao Concello de Vigo á solicitude de información fiscal á Axencia Tributaria, deberán presentar fotocopia simple da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou certificado de estar exento/a emitido pola Axencia Tributaria.
  8. No caso de que algún participante precise de atencións médicas especiais (por mor de alerxias, discapacidades, intolerancias...) deberán presentar un certificado médico orixinal que así o acredite.

Pódense descargar as BASES DA CONVOCATORIA

Os/as alumnos/as aos que se lles adxudiquen as prazas definitivamente, previo acordo adoitado pola Xunta de Goberno Local, deberán presentar, no prazo habilitado ao efecto:

  • Exentos de pago- Tramitarán vía telemática no sitio web https://vigo.org/vigo-ingles a aceptación expresa da praza, xerando un formulario de autoliquidación cero.
  • Con achega familiar- Tramitarán vía telemática no sitio web https://vigo.org/vigo-ingles a aceptación expresa da praza, e realizarán o pagamento da contía asignada de achega familiar, ben a través da pasarela bancaria ou xerando o recibo de pago para posteriormente efectuar o mesmo de xeito presencial nas entidades bancarias pertinentes.
Aviso legal